Jaime confía nun Deportivo sen o sancionado Lucas Pérez
Jaime, sobre a visita a Córdoba: "É unha boa semana para demostrar que podemos gañar fóra"
O Deportivo volve ao punto de partida de cada semana que toca xogar a domicilio. A vitoria en Riazor, xa habitual, dá paso á responsabilidade de mellorar un rendemento mediocre fóra de casa. O vestiario sábeo, como apunta Jaime:
"O equipo está moi ben e imos con moitas ganas a Córdoba. É unha boa semana para demostrar que podemos gañar fóra e que podemos facer o mesmo xogo".
Jaime Sánchez tamén se referiu á ausencia de Lucas Pérez:
"Está claro que é unha baixa importante. Está claro o que significa para o equipo. Pero para iso hai outros dianteiros que o van a facer moi ben. Traballan moi ben e esta semana seguro que o imos botar de menos, pero que os que xoguen farano moi ben".