Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jácome ten que indemnizar a unha funcionaria con 48.000 euros por danos morais

Jácome ten que indemnizar a unha funcionaria con 48.000 euros por danos morais

O TSXG considera probado o incumprimento do Concello de Ourense e do alcalde dos seus deberes de prevención de riscos laborais

A traballadora municipal denunciou que sufría acoso por parte do alcalde 

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense. Rosa Veiga / Europa Press (Arquivo) Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense. Rosa Veiga / Europa Press (Arquivo)
G24.gal 21/07/2026 19:34

A sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena ao Concello de Ourense e o seu alcalde Gonzalo Pérez Jácome por danos morais e incapacidade temporal tras concluír que infrinxiron a normativa en materia de prevención de riscos laborais en relación coa ex xefa de Negociado de Comercio, á que deberán pagar unha indemnización de 48.685 euros.

O alto tribunal desestima, por tanto, os recursos presentados polo consistorio e o rexedor municipal e confirma a sentenza emitida en primeira instancia polo xulgado do Social número dous de Ourense.

Segundo a resolución facilitada por fontes xudiciais, contra a que cabe recurso de casación, o TSXG rexeita “as profusas denuncias tendentes á nulidade de actuacións” así como os motivos de modificación expostos polos recorrentes.

Os codemandados alegaron, entre outros, vicios procesuais, falta de competencia da orde social, falta de lexitimación e carencia de proba ou nexo causal, así como erros na valoración fáctica e xurídica.

Responsabilidade obxectiva 

"A responsabilidade do Concello si é obxectiva ou de resultado no que se refire á protección de riscos dos traballadores”, así como que “o nexo causal entre o traballo e a falta de protección dun risco é evidente”, recolle a resolución, na que se desestima as impugnacións procedementais por falta de concreción e por improcedencia.

O alto tribunal galego confirma a competencia da orde social para coñecer de incumprimentos en materia de prevención que afecten á saúde do persoal, rexeita as pretensións de modificación da maior parte dos feitos probados, salvo unha admisión parcial dunha matización sobre a literalidade do informe pericial médico, e considera acreditado o nexo entre a falta de medidas preventivas e o dano sufrido pola demandante.

Ademais, entende probado o incumprimento dos codemandados dos seus deberes de prevención de riscos laborais polo que desestima os dous recursos e confirma a sentenza de instancia, e imponlles, ademais, as costas.

A funcionaria municipal, que está de baixa desde 2023, denunciou que sufría acoso desde que o líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, asumiu a alcaldía e malia que puxo os feitos en coñecemento do Concello, o expediente pechouse sen que se tomase ningunha medida.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade