Cargando resultados...
Iván Villar: "Temos que ter cautela, cando se fala de cousas maiores non respondemos"
Iván Villar falou en Ao contraataque da Radio Galega e pide calma á afección
G24.gal
11/08/2023 13:08
O porteiro titular na estrea ante o Osasuna ten claro que a afección debe ser cautelosa e rebaixar a euforia.
Iván Villar falou onte en Ao contraataque e deixou ben claro que aínda que "o equipo se está reforzando ben" e teña moitas ganas do comezo da liga, debe irse pouco a pouco e deixar a un lado neste comezo un posible soño europeo.
Moi claro o gardarredes en que o Celta non debe formularse obxectivos porque normalmente cando se fai chegan as labazadas.