Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Villar: "O meu traballo non é calar bocas, é ser efectivo"

Iván Villar: "O meu traballo non é calar bocas, é ser efectivo"

O porteiro cangués asegurou que non ten necesidade de reivindicarse ante aqueles que dubidaban do seu rendemento

G24.gal 03/03/2023 15:59 Última actualización 03/03/2023 16:06

O porteiro Iván Villar, que se afianzou no equipo inicial do Celta tras a lesión do arxentino Agustín Marchesín, asegurou este venres que non ten necesidade de reivindicarse ante aqueles que dubidaban do seu rendemento en Primeira División.

“Estou a atoparme ben. Dáme un pouco de pena porque esta oportunidade chega pola lesión dun compañeiro e iso a ninguén lle gusta, pero desde o primeiro día vin a adestrar moi duro. Iso para min é innegociable. O meu traballo non é calar bocas, é ser efectivo na portería e axudar ao equipo cando o necesita”, explicou en conferencia de prensa.

O gardameta de Cangas do Morrazo dixo que “eses debates” déixaos para outras persoas porque a el non lle afectan, e apuntou que a vida do futbolista é “unha aprendizaxe continua”: 

“Céntrome en mellorar, en seguir mellorando en todos os aspectos. A competición é un exame semana tras semana, sen meterme presión”, puntualizou Villar, que non gozaba de “continuidade” na portería celeste desde o curso 2020-21, cando asumiu a titularidade pola lesión de Rubén Blanco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade