Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Villar faise xigante defendendo a portería do Celta

Iván Villar faise xigante defendendo a portería do Celta

Quinta xornada como titular do meta de Aldán con grandes números. Só unha derrota, e encadea 265 minutos sen recibir goles

G24.gal 07/03/2023 21:08

O Celta logrou un traballado punto no Sadar e Iván Villar confirmou que defende a meta celeste con fiabilidade.

Cunha parada da cabezada de Pablo Ibáñez, o meta de Aldán evitou a derrota do Celta a poucos minutos do final. Iván Villar, nun escenario e cun rival que aperta, mantivo a serenidade e resolveu o traballo que tivo.

O porteiro de Aldán parecía non ter a confianza de Coudet, que o ano pasado decidiu cedelo ao Leganés, onde tivo pouco protagonismo (dez partidos como titular). 

A marcha de Rubén Blanco cara a Marsella abriulle a porta a quedar no primeiro equipo, pero unha das prioridades do Chacho foi asinar un porteiro de garantías, algo que conseguiu coa chegada de Marchesín. 

A lesión do arxentino, a primeiros de febreiro, deixou o club nunha situación complicada, pero Carvalhal confiou en todo momento nas calidades do subcampión olímpico, e Villar está dándolle a razón. Un balance de dúas vitorias, dous empates e só unha derrota con el de titular. Dúas xornadas seguidas sen recibir gol, e ninguén pon en dúbida a súa titularidade por diante do acabado de chegar Diego Alves. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade