Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iván Corral, inhabilitado a menos dunha semana das eleccións á FGA

Iván Corral, inhabilitado a menos dunha semana das eleccións á FGA

Recibiu o rexeitamento ao seu recurso presentado ante o contencioso administrativo pola inhabilitación para exercer cargos

G24.gal 23/11/2022 15:43 Última actualización 23/11/2022 15:58

Novo e definitivo revés para Iván Corral á fronte da Federación Galega de Automobilismo. Segundo informa La Región, o ata hoxe presidente do ente deportivo recibiu o rexeitamento ao seu recurso presentado ante o contencioso administrativo pola inhabilitación para exercer cargos que tiña pendente desde o pasado mes de abril.

Coas eleccións á presidencia da Federación Galega de Automobilismo ao virar a esquina, xa que o proceso de votación celébrase este domingo 27 de novembro, a candidatura de Corral vese obrigada a facer un movemento de última hora e situar a un novo candidato se quere ter opcións de que a súa corrente continúe adiante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade