Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iván Ares presenta o coche e o novo copiloto para afrontar o Supercampionato de Rallys

Iván Ares presenta o coche e o novo copiloto para afrontar o Supercampionato de Rallys

Javier Martínez acompaña o piloto de Cambre no seu novo Hyundai

A primeira proba será o 8 de marzo e haberá dúas citas en Galicia

G24.gal 28/02/2024 20:55

Arranca o Supercampionato de España de Rallys e Iván Ares presentou o seu novo coche, o Hyundai i20. O piloto de Cambre intentará mellorar o terceiro posto do ano pasado, cando estivo por debaixo do nivel amosado polo asturiano Cohete Suárez e por Jan Solans. O ourensán Javier Pardo foi o cuarto clasificado.

O Supercampionato comezará o vindeiro 8 de marzo no Rally Terras Altas de Lorca. Alí estará Ares co seu novo copiloto Javier Martínez. Martínez substitúe a Xosé Pintor e ten moitas experiencias compartidas ata o de agora con Jorge Cagiao. As dúas citas do Supercampionato en Galicia serán o 14-15 de xuño co Rally Ourense Termal e o 5-6 de xullo no Rally Recalvi Rías Baixas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos