Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel, cualitativamente importante, por Venancio Salcines

A COLUMNA ECONÓMICA

Israel, cualitativamente importante, por Venancio Salcines

Europa Press
Venancio Salcines 21/05/2025 08:54

Israel é un país pequeno en poboación, semellante a Andalucía, polo tanto, xa de partida é complexo que teña importancia comercial para o noso sector exportador. As vendas españolas non acadan os dous mil millóns de euros, e a partida mais importante son os vehículos de motor e, a moita distancia, a cerámica sen esmaltar.  Certo que as nosas empresas construtoras operan con frecuencia dentro das súas fronteiras. Pero non debemos valorar este país polo seu peso cuantitativo senón polo cualitativo.

Israel é unha potencia en innovación, tecnoloxía e esta mesma aplicada á industria militar. Cando falamos do seu sector da defensa é importante destacar que está vencellado coa súa forte aposta en tecnoloxía. Por iso é tan importante e por iso os seus provedores son claves. Se falamos de armas tecnolóxicas, o mundo non é un bazar ao cal acudir, máis ben un pequeno mercado de moi poucos oferentes. Ou vas alí e vas alí, ou tes un exercito obsoleto, o cal non é obxectivo para ninguén.

Quizais dentro duns anos, cando teñamos desenvolvida unha industria europea poidamos prescindir do coñecemento israelí,, pero de momento non é posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos