Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez defende a honorabilidade de Cerdán e repróchalle a Feijóo que "difame personas honestas"

Sánchez defende a honorabilidade de Cerdán e repróchalle a Feijóo que "difame personas honestas"

O presidente do PP di que existe unha "corrupción xeneralizada" dentro do Goberno tras as informacións que vinculan o secretario de Organización do PSOE con contratos públicos á empresa Acciona

Sánchez acusa a Feijóo de "falta de humanidade" ante a "barbarie" de Israel en Gaza

EFE/Chema Moya
G24.gal 21/05/2025 08:26

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, denunciou este mércores no Congreso a existencia dunha "corrupción xeneralizada" dentro do Goberno e puxo sobre a mesa a imputación da expresidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, e ás informacións que sinalan ao secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, que, admitiu este martes que ten preguntado por obras en Navarra, aínda que, ao seu xuízo, "ningunha das consultas constitúe delito".

Feijóo preguntoulle ao xefe do Executivo, Pedro Sánchez, se "avala a xestión" de Cerdán; e, na súa réplica, o presidente do Goberno defendeu a honestidade do seu número tres no PSOE e acusou a Feijóo  de "tapar a corrupción" da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, cando chegou á presidencia do Partido Popular.

"Non viña insultar e ao que se dedica é a difamar persoas honestas", espetou Sánchez a Feijóo na sesión de control ao Goberno no Congreso. "Saíu de Galicia para acabar gobernado desde un ático de Chamberi".

Cruzamento de reproches sobre Eurovisión e Gaza

Na súa intervención, Feijóo recriminou a Sánchez que se escude no festival de Eurovisión cando "xa nada vai ocultar a realidade" porque o Goberno "o único que quere investigar é o televoto de Eurovisión, cando está a baleirar a neveira dos españois e enchendo o peto dos seus corruptos". 

O xefe do Executivo afeoulle ao líder da oposición que, mentres  "o mundo enteiro está a mobilizarse contra a barbarie de Netanyahu en Gaza", "vostede fai chistes sobre Franco. Vaia altura política, Vaia falta de humanidade", criticou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade