Cargando resultados...
Israel anuncia o primeiro caso de flurona, un contaxio de gripe e coronavirus á vez
Localizárono nunha muller embarazada que non se vacinou contra ningunha das dúas doenzas

G24.gal
03/01/2022 07:56
Israel anuncia que detectou o primeiro caso do que eles chaman flurona. Un contaxio de gripe e coronavirus á vez. Din que o localizaron nunha muller embarazada que non se vacinou contra ningunha das dúas doenzas.
A muller foi dada de alta e analizan o seu caso. Ademais, os servizos de saúde israelís temen que os picos de casos das dúas enfermidades colapsen os hospitais.