Isabel II auséntase outra vez dun acto oficial por motivos de saúde
Non asistiu en Londres ao acto polos caídos en combate por unha lesión nas costas

A saúde de Isabel II segue a causar preocupación entre os británicos. A raíña, de 95 anos, tiña previsto asistir á cerimonia do Remembrance Day ( día da Lembranza) que s celebra cada ano en Londres . Trátase dun acto de homenaxe aos soldados caídos en todas as guerras, non só a Primeira e a Segunda Guerra Mundial, senón tamén nas Malvinas, Afganistán ou Iraq.
A monarca outórgalle grande importancia ao xesto de depositar unha coroa de flores ante o monumento erixido no centro da capital británica. O herdeiro Carlos de Inglaterra representouna este ano.
Un comunicado de Buckingham informou da ausencia de Isabel II como consecuencia dunha lesión nas costas. Só en seis ocasións anteriores durante o seu reinado de case sete décadas faltou a esta cerimonia. En catro delas por estar de viaxe oficial internacional; nas outras dúas polos embarazos dos seus dous fillos menores.
Durante os últimos anos, e especialmente desde a pandemia, Isabel II delegou parte dos seus actos oficiais noutros membros da familia real, como o seu fillo Carlos de Inglaterra, a súa nora Camilla ou os Duques de Cambridge.
Malia os sustos recentes e o consello médico de descansar, os fotógrafos puideron captala conducindo un vehículo polas proximidades de castelo de Windsor, pola zona onde pasea cos seus cans.