Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irán afirma que atacou un centro de datos de Amazon en Bahrein

Zona afectada por un bombardeo iraní sobre Israel. REUTERS/Ammar Awad Zona afectada por un bombardeo iraní sobre Israel. REUTERS/Ammar Awad
G24.gal 02/04/2026 19:55 Última actualización 02/04/2026 20:59

 A Garda Revolucionaria iraniana afirmou este xoves que atacou un centro de datos da compañía tecnolóxica Amazon en Bahrein, un día despois de rematar o prazo que dera para comezar a bombardear empresas estadounidenses en Oriente Medio.

O corpo militar de elite non deu máis detalles do suposto ataque.

Na lista de 18 empresas atópanse Microsoft, Apple e Google, así como HP, Intel, Meta, IBM e Boeing.

A Garda Revolucionaria asegurou tamén este xoves que atacou sete bases estadounidenses e israelís na rexión como resposta aos asasinatos de altos cargos iranianos.

Estados Unidos e Israel iniciaron unha guerra contra a República Islámica o pasado 28 de febreiro, que continúa a día de hoxe con ataques diarios contra Irán.

O país atacado respondeu con bombardeos contra instalacións estadounidenses na rexión, así como infraestruturas enerxéticas e o peche do estreito de Ormuz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade