Publicador de contidos

Publicador de contidos

Donald Trump destitúe do cargo á fiscal xeral Pam Bondi

Donald Trump destitúe do cargo á fiscal xeral Pam Bondi

Será substitutída polo fiscal adxunto Todd Blanche

A prensa xa especulara con que Trump ía destitutir a Bondi por non ser capaz de dar carpetazo ao caso Epstein, que toca tan de preto ao republicano   

Pam Bondi. Reuters / Nathan Howard Pam Bondi. Reuters / Nathan Howard
G24.gal 02/04/2026 20:06

O presidente estadounidense, Donald Trump, destituíu do cargo á fiscal xeral, Pam Bondi, segundo adiantou este xoves a canle Fox News, que asegura, ademais, que o seu substituto será o ata o de agora fiscal xeral adxunto, Todd Blanche.

"Queremos moito a Pam e ela pasará a ocupar un novo cargo -moi necesario e importante- no sector privado, o cal será anunciado nunha data próxima", escribiu Trump na súa rede social Truth Social.

Segundo Fox News, que adiantou a noticia pouco antes citando fontes da Casa Blanca, Trump comunicou a Bondi o seu cesamento a última hora do mércores.

"Pam Bondi é unha gran patriota estadounidense e unha amiga leal, quen serviu fielmente como o meu fiscal xeral durante o último ano", engadiu na súa mensaxe Trump, que afirmou que a letrada "realizou un labor extraordinario ao supervisar unha masiva ofensiva contra a delincuencia en todo o noso país".

"O noso fiscal xeral adxunto -unha mente xurídica sumamente talentosa e respectada-, Todd Blanche, asumirá o cargo de fiscal xeral interino", conclúe o escrito.

Os medios xa especulaban coa destitución de Bondi

Distintos medios comezaron a especular na véspera coa posibilidade de que a paciencia do magnate neoiorquino para con Bondi se esgotase.

Desde que a mediados do ano pasado o asunto dos arquivos do pederasta Jeffrey Epstein comezase a xogar en contra do Gobierno, Bondi intentou darlle carpetazo sen aparente éxito.

As bases trumpistas consideran que este é un caso escuro, que o presidente non logrou aclarar a pesar de que o Departamento de Xustiza, de xeito reticente, acabou facendo públicos centos de miles de documentos.

Á súa vez, a Fiscalía cultivou unha serie de reveses nos tribunais á hora de tratar de imputar a distintas figuras das que Trump xurou vingarse xudicialmente, desde a fiscal xeral de Nova York, Letitia James, pasando por seis lexisladores demócratas que instaron o Exército estadounidense a desobedecer ordenes que fosen ilegais, ou o presidente da Reserva Federal, Jerome Powell.

Bondi, de 60 anos, comezou a apoiar publicamente a Trump a principios da década pasada cando era fiscal xeneral de Florida, e dentro do Gabinete que nomeou o seu regreso á Casa Blanca en xaneiro de 2025 foi considerada unha das figuras máis fieis ao presidente estadounidense.

Cando exercía como avogado, Todd Blanche representou a Trump 

O substituto Todd Blanche, de 51 anos, defendeu como avogado a varias figuras moi próximas a Trump, como o exalcalde de Nova York, Rudy Giuliani, e tamén representou a Trump no caso relacionado cos pagos encubertos do republicano á actriz porno Stormy Daniels.

Como fiscal xeral adxunto, foi o encargado de encabezar un interrogatorio en prisión con Ghislaine Maxwell, exparella e principal conseguidora para o falecido pederasta Epstein.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade