Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan as causas dun incendio que calcinou parte dunha casa en Vilaboa

Investigan as causas dun incendio que calcinou parte dunha casa en Vilaboa

Afortunadamente, no momento do suceso, non había ninguén no interior da vivenda 

G24.gal 18/04/2026 08:55 Última actualización 18/04/2026 09:27

Efectivos de Protección Civil de Vilaboa, Bombeiros do Morrazo, Bombeiros de Ribadumia, Garda Civil de Moaña e de Pontevedra traballaron durante gran parte da tarde deste venres na extinción dun virulento incendio nunha vivenda de Postemirón, en Vilaboa.

As lapas estendéronse por toda a primeira planta da casa na que a planta baixa está independizada. Non axudou que o teito estivera revestido de madeira.

Abriuse unha investigación para esclarer as causas que orixinaron este lume.

Por sorte, non había ninguén no interior polo que non hai que lamentar vítimas.

Pola contra, os danos materiais son cuantiosos e comprometen a habitabilidade de toda a zona afectada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade