Publicador de contidos

Publicador de contidos

Achan raticidas en potiños de bebés en Chequia e Austria

Achan raticidas en potiños de bebés en Chequia e Austria

Eslovaquia investiga tamén un lote sospeitoso

A alerta desatouse en Austria, tras dar positivo en raticida uns tarros de comida da marca Hipp

Arquivo/Europa Press Arquivo/Europa Press
G24.gal 20/04/2026 08:30

Austria e a República Checa en alerta tras atoptar raticidas en comidas para bebés da marca suízo-alemá Hipp. En Austria foi localizado un potiño envelenado, outros dous na República Checa e investítase un lote sospeitoso en Eslovaquia.

Dous tarros contaminados no alimento de cenoria con patacas de Hipp foron descubertos nun supermercado TESCO da cidade de Brno, no sueste de Chequia, despois de que o suposto responsable do envelenamento advertira mediante un correo electrónico.

TESCO retirou todos os produtos da marca bávara como medida preventiva.

A alerta desatouse inicialmente o sábado en Austria, despois de que a cadea Spar anunciara que retiraba de forma preventiva todos os produtos infantís da marca Hipp no país.

Ao día seguinte, a policía informou de que unhas probas de laboratorio realizadas a un tarro de comida infantil procedente dunha filial de Spar deran positivo por raticida. As autoridades austríacas buscan un posible segundo recipiente manipulado.

"Partimos da base de que polo menos un segundo frasco segue en circulación", declarou o portavoz da policía, Helmut Marban.

As autoridades instan os consumidores a extremar as precaucións e explican que os envases de alimentos manipulados poden identificarse por varios sinais, como un adhesivo branco cun círculo vermello colocada na parte inferior do vaso.

Tamén deben sospeitar se a tapa do potiño está danada ou non está ben pechada, ou se o contido cheira raro.

As autoridades sanitarias austríacas explicaron que os raticidas conteñen distintos principios activos, sendo o máis común a bromadiolona, un antagonista da vitamina K que afecta a coagulación sanguínea.

Isto pode provocar hemorraxias, como sangrado de enxivas ou nariz, hematomas ou presenza de sangue nas feces, e os síntomas poden aparecer con atraso, entre dous e cinco días tras a inxesta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade