Publicador de contidos

Publicador de contidos

As bebidas azucradas e a bolería deixan de venderse este xoves nos centros educativos

As bebidas azucradas e a bolería deixan de venderse este xoves nos centros educativos

As máquinas expendedoras e nas cafeterías deberán servirse alimentos que non superen as 200 quilocalorías

Galicia é a primeira comunidade en aplicar esta medida que se recolle no decreto de comedores escolares saudables e sostibles

 

G24.gal 14/04/2026 14:47

Vexetais, cereais, froitas ou froitos secos toman o relevo nas máquinas expendedoras dos centros educativos para mudar os hábitos alimentarios dos máis novos.

 "A nosa merenda do recreo acostuma ser ou bocadillo ou bolería", di un rapaz.

A bolería e as bebidas azucradas desaparecen dos centros educativos

"Está ben a medida, xa sabemos que o azucre mata", comenta un pai.

A rapazada xa leva semanas notando cambios nos seus centros

"Agora hai bocadillos menos graxos; incorporaron, por exemplo, o de tortilla francesa".

Cambios na merenda e á hora de hidratarse. Os centros deberán favorecer o acceso á auga potable e haberá limites tamén para o café.

"E aplaudible, o que primeiro se ve nas máquinas e o que máis consumimos", asegura o nutricionista Ricardo Estévez.

Os pais aplauden a medida, pero tamén teñen preocupacións.

"Está ben que o prohiban no instituto pero saen del e a menos de 20 metros teñen tendas para comprala, así que máis ben hai que concencialos na casa", di unha nai.

Galicia é a primeira comunidade en aplicar esta medida que se recolle no decreto de comedores escolares saudables e sostibles que entra en vigor o xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade