Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investíganse as causas do incendio que destruíu unha casa en Lugo

Investíganse as causas do incendio que destruíu unha casa en Lugo

A familia que residía nela non estaba no momento dos feitos  

A intervención dos bombeiros evitou que as lapas alcanzasen as casas lindeiras

 

G24.gal 11/11/2025 13:54

A Policía Nacional investiga as causas do incendio que destruíu por completo unha vivenda na rúa Camiño de Sisulle. A familia que residía nela non resultou ferida porque estaba fóra no momento dos feitos.

A casa quedou totalmente arrasada e as lapas causaron alarma entre a veciñanza das casas lindeiras. 

"Moito fume e lapas de tres metros de altura. Pensaba que ía pasar para dentro".

Nunha delas vive Carmen, quen explica que pasou moitos nervios porque vía o lume cada vez máis acendido e pensaba que ía pasar para dentro. Na outra casa reside Jesús, que tamén librou das lapas, aínda que sufriu danos no seu tellado. Tamén recoñeceu que se asustou moito pola magnitude das lapas "de tres metros de altura".

Os dous estaban nas súas casas cando empezou a arder a do medio que as separa. "Avisoume o veciño que estaba ardendo a casa e saímos para fóra. Despois viñeron os bombeiros e a policía".

"A casa quedou totalmente arrasada, a estrutura colapsou".

A intervención comezou á primeira hora da tarde e prolongouse ata preto da noite. A casa quedou inhabitable, a estrutura colapsou "caeu o teito, caeu todo, cristais... vai todo abaixo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade