Cargando resultados...
A policía investiga varios incidentes nas festas dos Rosales, na Coruña
Un menor, ingresado no CHIUAC por ferida de arma branca

G24.gal
31/05/2022 14:30
Na Coruña, a policía investiga varios incidentes rexistrados durante as festas celebradas esta pasada fin de semana no barrio dos Rosales.
Entre eles unha liorta que rematou cun menor ferido no pescozo cunha botella de cristal e que tivo que ser hospitalizado no CHUAC.
Tamén a través das redes sociais, unha nai denunciou que o seu fillo fora drogado para despois roubarlle as súas pertenzas.