Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan se unha carne en mal estado é a causa dunha intoxicación alimentaria en Huesca

Investigan se unha carne en mal estado é a causa dunha intoxicación alimentaria en Huesca

Máis de duascentas persoas pasaron polos centros sanitarios de Barbastro con síntomas de gastroenterite 

 

G24.gal 06/08/2025 14:52

A última hora do luns empezaron a achegarse aos centros de saúde e ao hospital de Barbastro pacientes con síntomas como diarrea, náuseas e febre e dolor abdominal. Ante esta concorrencia, os responsables de Saúde Pública da comunidade aragonesa abriron unha investigación para dar co foco dunha posible intoxicación alimentaria.

De momento non hai un resultado concluínte; todo apunta a que o alimento en común sería algún tipo de carne, pero os responsables de Saúde Pública declaraban que aínda non se pode determinar con certeza que alimento é.

Ata o momento son máis de duascentas as persoas atendidas con síntomas de gastroenterite, posiblemente relacionados co mesmo foco. En xeral, todos os casos son de carácter leve ou moderado e ninguén requiriu ingreso hospitalario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade