Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan por agresión sexual o exxogador do Barcelona Dani Alves

Investigan por agresión sexual o exxogador do Barcelona Dani Alves

Unha moza denunciouno por tocamentos ocorridos supostamente nunha discoteca catalá na Noitevella

G24.gal 09/01/2023 18:37 Última actualización 09/01/2023 18:58

Un xulgado de Barcelona investiga a denuncia por agresión sexual que presentou unha muller contra o ex xogador do Barcelona Dani Alves, ao que acusa de facerlle tocamentos na discoteca Sutton da capital catalá, na noite do 30 ao 31 de decembro pasado.

O titular do Xulgado de Instrución número 15 de Barcelona abriu dilixencias para investigar a suposta agresión sexual tras recibir a denuncia que a muller presentou ante os Mossos d'Esquadra.

A denunciante declarou ante a policía catalá que o futbolista brasileiro lle fixo tocamentos por baixo da roupa interior sen o seu consentimento.

Acompañada polos seus amigos, a muller informou do sucedido o persoal de seguridade da discoteca, que activaron o protocolo pertinente nestes casos e avisaron a policía.

Ata o lugar dos feitos desprazáronse axentes dos Mossos d'Esquadra, que tomaron declaración á muller, aínda que esta non formalizou a denuncia por agresión sexual ata o 2 de xaneiro, uns días máis tarde.

Pouco despois de que a muller denunciara sufrir unha agresión sexual, Dani Alves regresou a México, onde xoga no equipo Pumas dese país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade