Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o incendio nun taller que obrigou a desaloxar un centro comercial en Poio

Investigan o incendio nun taller que obrigou a desaloxar un centro comercial en Poio

Axentes da Policia Xudicial inspeccionan o taller onde se produciu o incendio
G24.gal 31/03/2023 13:27

Susto no centro comercial A Barca, en Poio, onte á tarde. O incendio nun taller situado no soto do edificio obrigou a desaloxar as instalacións durante máis de duras horas pola densa fumareda que orixinou. Por sorte, só se produciron danos materiais.

O centro comercial abriu con normalidade esta mañá. Desde primeira hora ducias de persoas acudían facer as súas compras alleos ao susto que se viviu onte á tarde.

Mentres, no soto axentes da Policía Xudicial da Garda Civil inspeccionaban o taller onde se produciu o incendio. Buscan probas e indicios que axuden a esclarecer as circunstancias e as causas do suceso.

Segundo relatou a propietaria do taller, o que ardeu foi unha parte dun coche. Asegura que ese vehículo levaba máis dun ano depositado alí sen que o dono o retirase nin se soubese nada del.

Ao parecer onte, alguén enviado polo propietario do coche, e alleo ao negocio, estaba despezándoo e cortándoo, cando unha faísca prendeu en contacto con algún dos aceites ou substancias inflamables que había preto.

Activouse axiña o plan de emerxencias do centro comercial e desaloxaron en minutos as instalacións. Acudiron a Policía Local de Poio, os Bombeiros de Pontevedra, o GES de Sanxenxo e Ribadumia e sufocaron o incendio en pouco tempo.

Pero o centro tivo que permanecer pechado durante máis de dúas horas mentres se ventilou a densa fumareda que se acumulara, especialmente no soto onde se produciu o incendio. De feito, os propietarios dos coches aparcados no interior non puideron tampouco retiralos ata que se reabriu o centro comercial, pasadas as 8 da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade