Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o presunto acoso á familia que conseguiu máis clases en castelán en Cataluña

Investigan o presunto acoso á familia que conseguiu máis clases en castelán en Cataluña

Hoxe entrou en vigor a cota de clases que fixou o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya 

A Asociación Hablemos Español denunciou presuntos delitos de odio 

G24.gal 09/12/2021 17:45

A sentenza que impón un 25 % de clases en castelán nunha escola de Canet de Mar, en Barcelona, derivou en denuncias por fustrigamento á familia que logrou a sentenza xudicial. A  petición da oposición, o Goberno investigará estas presuntas prácticas punibles.

Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior, "toda ameaza pon en risco a convivencia, máis cando estamos falando neses termos"

A Asociación Hablemos Español, á que se uniu a Asemblea por una Escuela Bilingüe, consideran como posibles delitos de odio as recollidas de sinaturas ás portas dos centros educativos, cartelería, insultos e ameazas de apedrar a familia ou illar o escolar, denunciados pola asociación.

Ana Losada, presidenta da Asociación por unha Escola Bilingüe, "nin a dirección do centro nin a Generalitat están actuando ben porque teñen que garantir que se aplican as medidas, a privacidade da familia e que se mantén a convivencia no centro"

A cota de clases en castelán que fixou o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña comezou a aplicarse hoxe mesmo na escola á que asiste o fillo dos denunciantes xunto aos doutras familias contrarias á sentenza, escola que recibiu pola mañá a visita do conselleiro de Educación, quen apoiou a estas últimas ao tempo que rexeitou calquera tipo de violencia e de ameaza á convivencia.

Josep González-Cambray, conselleiro de Educación da Generalitat, "é un ataque ao modelo lingüístico catalán, que xa demostrou ser un modelo de éxito"

PP, VOX  e Ciudadanos culpan o Goberno central de inacción tras o rexeitamento da Generalitat á sentenza e as denuncias de acoso. De feito, PP e Ciudadanos acudiron ao defensor do Pobo. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade