Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a orixe dun incendio que queimou un coche e varios colectores en Ourense

Investigan a orixe dun incendio que queimou un coche e varios colectores en Ourense

As lapas causaron danos en dous locais, unha barbería e unha tenda de roupa no barrio da Ponte

O incenido declarouse pasadas as cinco da mañá na Avenida das Caldas, en Ourense
G24.gal 12/02/2023 17:25

Un incendio intencionado en varios colectores do lixo na avenida das Caldas no barrio da Ponte en Ourense ocasionou danos nun turismo e nun establecemento comercial.

Conseguírono ao segundo intento. Xa o sábado houbera un conato de lume no mesmo lugar pero os bombeiros sufocárono a tempo.

Esta madrugada, repetiron. O lume calcinou varios colectores e o capó dun turismo estacionado ao lado. As lapas tamén afectaron a entrada dunha barbería.

Sucedeu á altura do número 5. Ardían os contedores de lixo, as chamas eran moi altas e había moito fume. Os bombeiros desprazáronse con rapidez e sufocaron o lume, pero non puideron evitar que se queimase  o coche aparcado e que se viran afectados polo menos dous locais comerciais.

Tres dos catro contedores quedaron reducidos a restos de plástico chamuscado e a media mañá xa estaban colocados outros de reposto no mesmo lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade