Investigan a morte dunha menor de 13 anos e dun mozo de 20 en Logroño
Os seus corpos, que non presentaban sinais de violencia, apareceron na beirarrúa onde se constúe un edificio
Segundo a Xefatura Superior de Policía da Rioxa, todo apunta "a que se precipitaron de xeito voluntario"
A Policía Nacional investiga a morte dun mozo de 20 anos e dunha adolescente de 13 en Logroño. Os seus corpos, que non presentaban sinais de violencia, apareceron na beirarrúa onde se constrúe un edificio, na zona de Cascajos.
Segundo detalla nunha nota a Xefatura Superior de Policía da Rioxa, iniciáronse as pescudas para tentar determinar o ocorrido pero todo apunta "a que se precipitaron de xeito voluntario".
A obra está valada e dispón de cámaras de seguridade que axudarán a esclarecer os feitos. Os cadáveres foron trasladados ao Instituto de Medicina Legal da comunidade para lles realizaren as autopsias.