Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado un home por pintar graffitis en bens públicos e privados en Xinzo de Limia

Investigado un home por pintar graffitis en bens públicos e privados en Xinzo de Limia

Identificaron o home de 33 anos, no Milladoiro, como presunto autor dun delito de danos, por método do graffiti, en sete bens públicos e 14 bens privados

O Concello de Xinzo valorou os danos e reparación en 1.750 euros

A Garda Civil instruíu as dilixencias oportunas e remitiunas ao Xulgado de Instrución da localidade de Xinzo de Limia

Un dos graffitis do investigado Un dos graffitis do investigado
G24.gal 29/01/2026 13:09

Axentes do Equipo Roca da Garda Civil en colaboración con axentes da Policía Local de Xinzo de Limia identificaron un home como presunto autor dun delito de danos, por método do graffiti, en sete bens públicos e 14 bens privados.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, os feitos tiveron lugar en setembro de 2025 no municipio ourensán de Xinzo de Limia, e en todos os danos destaca a firma AIKIS.

Desta forma, os axentes localizaron o 26 de xaneiro na localidade do Milladoiro ao presunto autor, un home de 33 anos nado en México e veciño de Santiago.

As pintadas en bens públicos foron denunciadas en decembro polo Concello de Xinzo, que valorou os danos e reparación en 1.750 euros. A Garda Civil instruíu as dilixencias oportunas e remitiunas ao Xulgado de Instrución da localidade de Xinzo de Limia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade