Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado o dono dun salón de peiteado de Baiona por vender droga aos clientes no local

Investigado o dono dun salón de peiteado de Baiona por vender droga aos clientes no local

O delito que lle imputan é o de contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas

A Garda Civil atopou no establecemento nove envoltorios de cocaína A Garda Civil atopou no establecemento nove envoltorios de cocaína
G24.gal 13/01/2026 15:24

A Garda Civil investiga un veciño de Baiona de 23 anos, propietario dun salón de peiteado na mesma localidade desde o que presuntamente se dedicaba á distribución de substancias estupefacientes.

A investigación iniciouse por mor dunha información previa que apuntaba que no salón de peiteado poderíanse estar a vender drogas aos propios clientes e a outras persoas que acudían ao lugar con tal fin.

O pasado día 12 de decembro, axentes da Garda Civil, xunto co apoio do Servizo Cinolóxico da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, procederon a realizar unha inspección no establecemento e atoparon nove envoltorios con cocaína, perfectamente preparados para a venda e que superan os oito gramos.

Por iso, procédese á investigación penal do propietario deste salón de peiteado como presunto autor dun delito contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas.

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución nº 3 dos de Vigo en funcións de Garda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade