Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigada unha muller por provocar cinco incendios forestais en Muxía

Investigada unha muller por provocar cinco incendios forestais en Muxía

A Garda Civil atribúelle incendios rexistrados os días 3, 5, 9 e 11 de agosto

Outras dúas persoas foron detidas en Ourense por incendios intencionados

Detido un traballador de extinción de incendios por provocar o lume de Mombeltrán en Ávila

G24.gal 12/08/2025 16:06 Última actualización 12/08/2025 21:45

A Garda Civil investiga unha muller de 63 anos como presunta autora de cinco incendios forestais no municipio coruñés de Muxía. Segundo informou este martes o corpo, os incendios foron provocados os días 3, 5 -con dous focos ese mesmo día-, 9 e 11 de agosto.

A investigación iniciouse tras as declaracións de testemuñas e o relato contraditorio da sospeitosa, que motivaron a súa imputación por un delito de incendios forestais.

Outros arrestos por incendios intencionados en Ourense

Nos últimos días, un mozo de 28 anos foi detido mentres provocaba un incendio na zona de Canibelos, na parroquia de Velle, en Ourense.

Ademais, a semana pasada foi arrestada outra persoa acusada de iniciar un incendio en Celanova o 31 de xullo, que afectou 0,1 hectáreas, e á que se lle atribúe a autoría doutros 20 incendios na mesma área.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade