Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vaga de roubos nos Mallos das últimas semanas leva a intranquilade a este barrio coruñés

A vaga de roubos nos Mallos das últimas semanas leva a intranquilade a este barrio coruñés

O último asalto foi esta noite nunha cafetería

Os ladróns rompen os vidros para poder acceder aos negocios e roubar as caixas rexistradoras

G24.gal 09/12/2025 14:46

Completamente roto estaba esta mañá o cristal da porta da cafetería Taberna 23, situada na rúa peonil Ángel Senra. "Ás catro e media da mañá rompéronnos a porta. Levaron a caixa das moedas e a impresora de tíckets", explica a propietaria do negocio.

Unha veciña que ía traballar viu o ladrón e rapidamente alertou a policía. "Ía vestido de negro e cunha máscara. Levaba algo negro como un monitor".

Pero o caso é que a noite anterior os delincuentes xa fixeran das súas na mesma zona. Entraron nun comercio dedicado á venda de cigarros electrónicos. "Romperon o cristal coa tapa da rede de sumidoiros, contra as dúas e media da noite, e levaron o caixón da caixa rexistradora", comenta a empregada do negocio.

Catro horas despois, roubaron nunha imprenta situada a escasos metros. Os comerciantes quéixanse de que están a sufrir unha importante vaga de roubos desde hai case dúas semanas.

Impotentes, piden máis vixilancia policial para poder frear todos estes asaltos e recuperar a tranquilidade no barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade