Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intoxicada toda unha familia en Meis por inhalación de monóxido de carbono

Intoxicada toda unha familia en Meis por inhalación de monóxido de carbono

Houbo que desaloxar as 19 vivendas do edificio

A hipótese principal é que foi debido á mala combustión dunha caldeira

Durante toda a mañá os técnicos estiveron revisando as caldeiras do edificio
G24.gal 13/02/2023 14:18 Última actualización 13/02/2023 14:36

Levaban toda a tarde sentindo malestar, pero non sospeitaron que podían estar intoxicándose ata que un dos menores comezou a vomitar. Os técnicos de Gas Natural xa confirmaron que todo se debeu á mala combustión da caldeira dun dos pisos do primeiro andar.

"Foi unha desas caldeiras a que empezou a funcionar mal e a emitir monóxido de carbono e empezáronse a desmaiar, primeiro os rapaces e despois unha muller da familia. O pai da familia deuse conta rapidamente do que estaba sucedendo e chamou a emerxencias, abriron as ventás e agardo aquí abaixo a que viñese a ambulancia", apunta Óscar Núñez, presidente da comunidade de veciños.

Nese momento había oito membros da familia dentro da vivenda, situada en Mosteiro, no concello pontevedrés de Meis. Todos tiveron que ser hospitalizados.

 "Regresaron hoxe á mañá e están todos ben, grazas a Deus, e quedou todo nun susto"

Como medida de seguridade tiveron que desaloxar as 19 vivendas do edificio.

"Un par de horiñas, estivemos case ata as as dez da noite, dende as oito e media, nove menos cuarto ata as dez e media, once", continúa Óscar.

Ao principio todo apuntaba a un escape de gas. Finalmente as medicións que fixeron os bombeiros revelaron que se trataba de monóxido de carbono que, por ser inodoro, é máis difícil de detectar.

"Á parte dos técnicos, pasou o enxeñeiro de zona e revisaron dobremente o edificio para comprobar que non houbese ningún tipo de substancias nocivas para as persoas cun explosímetro, e cando entramos todos na casa xa estaban as medicións todas a cero, completamente"

Durante toda a mañá os técnicos de Gas Natural estiveron revisando as caldeiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade