Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interrómpese o tráfico ferroviario entre Ourense e Monforte ata xullo

Interrómpese o tráfico ferroviario entre Ourense e Monforte ata xullo

No tempo que duren as obras, Renfe ofrecerá un servizo de transporte alternativo

G24.gal 21/11/2022 17:56 Última actualización 21/11/2022 20:49

O tránsito ferroviario entre Ourense e Monforte de Lemos queda interrompido ata xullo para facer obras de reelectrificación da vía nos 45 quilómetros que separan as dúas localidades.

Ademais da súa electrificación, Adif ten contratados e en marcha os traballos de renovación da vía e dos seus sistemas de sinalización e telecomunicacións, a optimización das súas infraestruturas (túneles e pontes) e a adecuación das estacións. 

Eses traballos inclúen levantar a vía e outras instalacións.

No tempo que duren as obras, Renfe ofrecerá un servizo de transporte alternativo, con transbordos entre Ourense e Monforte de Lemos ou Lugo, para os servizos de Media Distancia e Rexionais, os trens Transversais Cataluña-Galicia e as súas conexións con Ponferrada, e tamén nos trens de Longa Distancia que conectan Lugo con Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar