Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptan un condutor que fuxiu dun control policial en Redondela e carecía de carné, seguro e ITV

Interceptan un condutor que fuxiu dun control policial en Redondela e carecía de carné, seguro e ITV

O condutor está a ser investigado, e desde a Policía Local de Redondela manteñen o segredo das actuacións, por estar o caso aberto

G24.gal 05/06/2026 13:28

Testemuñas aseguran que o vehículo en que circulaba un condutor ao que a Policía Local de Redondela lle deu o alto en Chapela na madrugada do mércores ao xoves está aparcado na rúa. O vehículo intentou fuxir, pero varias patrullas perseguírono e interceptárono no alto da Encarnación, en Chapela, atravesándoselle un coche policial diante.

Cando o identificaron, o condutor carecía de carné de conducir en vigor, non tiña o seguro obrigatorio do coche nin a ITV. Deu positivo en drogas e na inspección do vehículo os axentes incautáronlle estupefacentes e un puñal.

O condutor está a ser investigado e desde a Policía Local de Redondela manteñen o segredo das actuacións por estar o caso aberto.

Os veciños declinaron facer declaracións por temor a represalias, xa que aseguran que o infractor ten un carácter conflitivo e violento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade