Publicador de contidos

Publicador de contidos

Intento de fraude a usuarios da teleasistencia

Intento de fraude a usuarios da teleasistencia

O intento de fraude foi a máis de vinte persoas de diferentes concellos da Coruña

Os estafadores piden un número de conta para pagar o servizo, pero a teleasistencia é gratuíta

G24.gal 23/02/2022 15:44

A Deputación da Coruña advirte dun intento de fraude aos usuarios da teleasistencia. Segundo denunciaron varios maiores, unha persoa chamounos pedindo datos bancarios para pagar o servizo.

Foron máis de vinte usuarios de diferentes concellos da provincia os que recibiron esta chamada en que lles piden a conta do banco para aboar o servizo de teleasistencia, que é totalmente gratuíto.

Desde a Deputación da Coruña piden que ninguén facilite datos no caso de recibir as chamadas e que dean aviso a través do botón vermello para tentar frear unha fraude que afecta un colectivo especialmente vulnerable: o dos maiores que viven sós.

"É importante facer fincapé en que é un servizo gratuíto e ningún usuario ten que facilitar o seu número de conta a través do teléfono", di Ana Lamas, deputada de Benestar Social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade