Intentan queimar vivo un home en Pontevedra despois de pechalo no seu coche
Intentan queimar vivo un home en Pontevedra despois de pechalo no seu coche
Os feitos sucederon no barrio de Estribela, en Pontevedra, sobre as 7:15 horas deste xoves
A policía investiga o suceso como un posible axuste de contas
Un mozo de 29 anos denunciou este xoves que tentaron queimalo vivo tras pechalo no maleteiro dun coche e prenderlle lume.
A vítima logrou saír do vehículo polos asentos traseiros, pero sufriu queimaduras nun brazo e as pernas.
Os feitos sucederon no barrio de Estribela, en Pontevedra, sobre as 7:15 horas deste xoves.
Veciños da zona advertiron de que se rexistraron explosións e viron as chamas que saían do vehículo e á vítima, que estaba espida e ferida á beira o vehículo.
A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as causas do suceso, baixo a hipótese de que o incendio sería intencionado.
Ao lugar do suceso tamén acudiron, nun primeiro momento, os bombeiros de Pontevedra para sufocar o incendio do coche e axentes da Policía Local de Pontevedra.
Persoal sanitario do 061 trasladou o ferido á unidade de queimados do Hospital Clínico Universitario da Coruña.