Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intensifícase a recollida de lixo na Coruña tras a declaración da emerxencia sanitaria

Intensifícase a recollida de lixo na Coruña tras a declaración da emerxencia sanitaria

Comeza a notarse a retirada de lixo das rúas tras a declaración por parte do Concello da emerxencia sanitaria na cidade

O problema ten a súa orixe no conflito laboral que os traballadores manteñen coa empresa concesionaria Pre-zero á que acusan de incumprir o convenio colectivo

G24.gal 02/03/2022 20:44

Pouco a pouco vaise notando o traballo dos reforzos contratados polo Concello tras declarar o luns a emerxencia sanitaria para retirar o lixo que se amoreaba nas rúas da cidade. Nestas primeiras xornadas a prioridade foron a materia orgánica e os residuos plásticos.

A empresa concesionaria podería enfrontarse a unha posible sanción por incumprimento de contrato tralo procedemento aberto polo Concello. E desde a Alcaldía recoñecen que a cidade aínda tardará uns días en recuperar a normalidade.

Na tarde deste mércores empresa e sindicatos volveron sentarse na mesa de negociación, pero polo de agora non houbo acordo. Os traballadores da concesionaria teñen solicitada unha xuntanza coa alcaldesa Inés Rey para explicarlle o conflito laboral que, segundo din, ten a súa orixe nos incumprimentos do convenio colectivo por parte da empresa Pre-zero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade