Publicador de contidos
Publicador de contidos

Instalan en Santiago unha máquina expendedora de ramos de flores

Instalan en Santiago unha máquina expendedora de ramos de flores

Permite mercar flores frescas calquera día e a calquera hora

G24.gal 13/09/2024 21:22 Última actualización 13/09/2024 21:34

En Pontevedra, e dende agora tamén en Santiago, xa se poden comprar flores a calquera hora do día e da noite. Falamos de dúas máquinas expendedoras de ramos, que son as primeiras de España e non pasan desapercibidas.

Porque pouco sorprende máis ca a beleza inesperada. Paran moitos a mirar a máquina  que instalaron en plena rúa, no Ensanche compostelán. Ofrecen nela 12 tipos de ramos numerados, indicando nunha pantalla o seu prezo. As flores mantéñense frescas porque se trata dunha cámara frigorífica. 

Gran novidade que permite mercar un ramo calquera día e a calquera hora, por se alguén sente urxencia de regalar cores e aromas un festivo ou unha noite. Din que sempre é bo momento para comprar flores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade