Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inseguridade pola presenza de traficantes e toxicómanos en Monte Alto, na Coruña

Inseguridade pola presenza de traficantes e toxicómanos en Monte Alto, na Coruña

Como consecuencia desta situación de inseguridade, algúns comerciantes da zona crearon un grupo de Whatsapp

A nova vivenda está a uns cen metros da que desaloxou a policía nunha redada
G24.gal 05/07/2022 13:17

A Asociación de Veciños e Comerciantes de Monte Alto di que a venda á pequena escala segue na calella do Pintor Román Navarro. E o problema non é so a venda senón que os adictos que veñen  a comprar entran en moitos dos negocios a roubar, o cal ten moi preocupados a todos o comerciantes da zona.

Como consecuencia desta situación de inseguridade, algúns comerciantes da zona crearon un grupo de Whatsapp. Nel, infórmase sobre os intentos de furto que sofren ou o lugar en que se atopan os supostos ladróns. O obxectivo é ter controladas esas persoas e evitar que tenten roubar noutros establecementos.

Algúns comerciantes aseguran que entran nos seus negocios a pedir cartos completamente afectados despois de consumir drogas. Incluso quedan apoiados na porta sen poder moverse. Os clientes, incomodados, marchan, e isto tamén é outro prexuízo.

Aseguran que a situación foi a peor dende hai un ano. Agora, a venda clandestina de estupefacientes ten lugar nunha casa que estaba baleira e ocuparon os traficantes hai pouco, despois de que os botaran dun piso que está a pouco máis de cen metros do lugar actual.

Os veciños din que son unha banda perfectamente organizada que se vai desprazando polo barrio cando a Policía comeza a dificultarlles a venda nunha localización concreta. Din que poden chegar a ser violentos. Houbo casos de danos en vehículos, tamén atracos co coitelo na man e asaltos a mozos e mozas para quitarlles os teléfonos móbiles.

Os veciños din que cada día, á primeira hora, unha furgoneta reparte o material que van comercializar. Non é a única parada que fai. Trinta metros máis arriba, hai outro piso que pertence ao mesmo grupo.

O problema do narcopiso ten outro tipo de consecuencias. Entre elas atópase o aumento de toxicómanos, que piden diñeiro na rúa cunha actitude ameazante e agresiva. En ocasións, achéganse ás terrazas dos bares da zona para pedir un cigarro. A reacción non é nada pacífica, posto que moitas veces meten a man no peto para simular que van sacar un coitelo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade