A ruta das covas de Vilamartín de Valdeorras
As covas, feitas a man, están escavadas a varios metros de profundidade. Auténticos túneles subterráneos na terra para conservar o viño grazas os coveiros, os seus propietarios
Entramos nunha das covas de Vilamartín, a de Manelán. Todas teñen nome, a do coveiro, o gardián deste patrimonio cultural. Só neste concello, hai máis de duascentas.
Foron feitas á man, en plena montaña. Tras a porta de entrada accedemos aos túneles que nos levan baixo terra ao viño que fan eles mesmos. Aquí a temperatura é duns quince e oito graos todo o ano.
Así son dende o exterior para permitir a entrada de osíxeno e airear así a gruta fronte aos gases da fermentación, o que eles chaman o tafo, o causante da morte doce de moitos coveiros. Cada primeiro sábado de agosto, todas as covas abren as súas portas á xente, na coñecida Festa das Covas.
Vilamartín ten uns 600 habitantes. O día da festa, este dous de agosto, chegan os 4.500 visitantes. Todo un éxito dos coveiros e das covas.