Inquedanza nos barrios ourensáns da Ponte e do 21 polos roubos nos coches
A veciñanza de Ourense asegura que está preocupada polo aumento da delincuencia e reclama máis vixilancia e presenza policial nas rúas
Nas últimas semanas houbo varias denuncias por vehículos aos que lles romperon as ventás para entrar neles
Segue aumentando a preocupación e a sensación de inseguridade entre a veciñanza dos barrios ourensáns da Ponte e o Vinteún por mor dos continuos roubos e pequenos furtos. Ademais dos roubos nos comercios, estas últimas semanas os ladróns están atacando os coches aparcados na rúa. Hai varias denuncias pola rotura dos cristais das ventás. E a xente pide máis vixilancia policial polas rúas.
Para romper as ventás dos vehículos adoitan empregar as tapas dos sumidoiros, que despois deixan arrincadas. Esta furgoneta foi unha das últimas que violentaron.
Hai bastante inquedanza entre a veciñanza e moita xente non quere falar a cámara por medo. Pero algo que se repite é que falta de vixilancia policial e axentes, en Ourense.