Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iñigo Vélez prioriza reforzar o aspecto mental dos xogadores para o partido ante o Alavés

Iñigo Vélez prioriza reforzar o aspecto mental dos xogadores para o partido ante o Alavés

O exadestrador do Amorebieta pretende dar "estabilidade" aos seus xogadores e que teñan "a cabeza limpa"

G24.gal 10/03/2023 15:42 Última actualización 10/03/2023 15:50

O cuarto adestrador do Lugo esta tempada, Íñigo Vélez de Mendizábal, avogou porque o pechacancelas, do que se fixo cargo esta semana, empece de "cero" este sábado na súa visita ao Deportivo Alavés, fronte ao que tentará poñer a primeira pedra cara a unha permanencia que se lle complicou moito, xa que conta con doce puntos de desvantaxe a falta doutros tantos partidos.

"A situación emocional é fundamental nestas vivencias, hai que normalizar a situación, poden vir situacións que non nos favorezan, pero a miña idea é limpar todo ese tipo de cousas, empezar de cero por así dicilo. Creo que é o motivo de que viñésemos: quitar o malo, que non todo foi malo, para empezar de cero", afirmou.

O exadestrador do Amorebieta pretende dar "estabilidade" aos seus xogadores e que teñan "a cabeza limpa": 

"Estou contento coa disposición dos xogadores e como saíron os adestramentos", valorou sobre os seus primeiros días no Lugo.

Íñigo Vélez debutará en casa, Vitoria, ante un Deportivo Alavés ao que coñece ben.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade