Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iñigo Vélez non descarta continuar no Lugo a próxima temporada

Iñigo Vélez non descarta continuar no Lugo a próxima temporada

Subliñou a necesidade de traballar para ofrecer un triunfo a afección 

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 28/04/2023 14:50 Última actualización 28/04/2023 15:11

Chega o momento para a análise do adestrador do C. D. Lugo, Íñigo Vélez. O preparador vitoriano tratou a complexa situación do equipo unha vez consumado o descenso de categoría, subliñando a necesidade de traballar para ofrecer un triunfo á sufrida afección amurallada.

Doutra banda, defendía a profesionalidade incuestionable dun equipo que buscará deixar todo para conseguir a primeira vitoria baixo o seu mando:

"Xa é matemático. Estamos a vivir unha situación difícil. Expuxemos unha semana de traballo en busca da mellor preparación posible. Temos a ilusión de buscar a vitoria, enfocarnos en conseguir ese reto"

Iñigo Vélez falou do seu futuro:

"Falaremos. Veremos e queren que siga, eu non o descarta. É un club con moitas cousas boas".

"Eu agora teño que intentar deixar ao equipo o máis arriba posible".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade