Publicador de contidos

Publicador de contidos

Íñigo Vélez admite unha "carga mental" alta do equipo

Íñigo Vélez admite unha "carga mental" alta do equipo

Sobre o seu futuro, afirmou que unha vez que acabe o partido co Burgos falará co club

G24.gal 26/05/2023 16:37 Última actualización 26/05/2023 16:46

O adestrador do Lugo, Íñigo Vélez, admitiu que a "carga mental" do equipo é alta despois do descenso a Primeira Federación e desexou darse unha alegría este sábado ante o Burgos na despedida do fútbol profesional: 

"Hai moita carga a nivel mental pola situación que estamos a vivir. Non perdemos a ilusión, pero está claro que é a última semana en Segunda División. Levamos moitísimo tempo esperando gañar, o ano que vén non imos estar en Segunda e que mellor que despedirse cunha vitoria", expresou nunha conferencia de prensa.

O técnico, o cuarto que tivo o equipo esta tempada e que leva once partidos no club, explicou que foi unha tempada "dura para todos":

"Eu levo once partidos, vin con toda a ilusión e voume fodido por non gañar. O que se desexa nesta situación é acabar para volver con ilusión o ano que vén", expuxo.

O técnico considerou que o partido que lles "matou" foi o do Racing de Santander, que lles igualou nun córner na última acción, xusto despois de que ao seu equipo non lle pitasen outro a favor: 

"Logo, tivemos ocasións contra a Ponferradina para gañar e, a partir de aí, foi mazazo tras mazazo".

Sobre o seu futuro, afirmou que "unha vez que acabe" o partido co Burgos será un tema que se "falará" co club: 

"Eu estou encantado aquí. O único problema é que non gañei nin un partido. Atopeime un staff técnico incrible, todas as facilidades do club para tentar ese milagre de salvarnos e a afección comigo estivo moi ben a pesar dos resultados", expresou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade