Cargando resultados...
Ingresa nun centro de menores o rapaz que acoitelou outro mozo na Coruña
O agresor confeso ten 14 anos e a súa vítima recibiu a alta o pasado domingo

G24.gal
07/02/2023 17:31
Decretan o ingreso nun centro de menores do rapaz que acoitelou outro mozo na Coruña esta pasada fin de semana.
O autor confeso da agresión é un neno de 14 anos que se entregou este luns na comisaría da Policía Nacional.
A investigación segue aberta para determinar o grao de participación doutras persoas presentes no momento da agresión.
A vítima recibiu o domingo a alta hospitalaria. O delegado do Goberno incidiu este martes en que non se trata dun tema de bandas.