Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inglaterra volve cruzarse no camiño de España na categoría sub-21

Inglaterra volve cruzarse no camiño de España na categoría sub-21

Os de Santi Denia quedaron eliminados despois de perder (1-3) diante dun equipo ao que nunca derrotaron nesta categoría

G24.gal 21/06/2025 23:03

España prolongou a súa mala serie contra Inglaterra na categoría sub-21. Seis partidos e ningunha vitoria. Contra Inglaterra perdeu a final do Europeo de 2023 e desta volta caeron nos cuartos de final (1-3) e despídense por primeira vez desde que se implantou o novo formato en 2017 antes das semifinais. 

Nos primeiros quince minutos fóiselle a eliminatoria a España. No minuto 2 o colexiado asubiou penalti a prol da área pero o VAR cambiou a decisión diante do asombro xeral. Antes do minuto 15 McAtee e Elliot xa tiñan marcado o 0-2 para Inglaterra.  

No 39 recuperouse España cun penalti cometido sobre Alberto Moleiro e que transformou o xogador do Valencia Javi Guerra. España conseguira remontar diante de Eslovaquia e Romanía pero nos cuartos os erros páganse caros. 

Metía presión a selección española, pero foi Inglaterra a que marcou o gol definitivo, tamén de penalti convertido por Elliot Anderson. 

1 - España: Iturbe; Pubil, Mosquera, Tárrega, Hugo Bueno; Turrientes (Jauregizar, m.56), Javi Guerra; Juanlu (Raúl Moro, m.56), Moleiro (Jesús Rodríguez, m.78), Diego López (Pablo Torre, m.70); e Mateo Joseph (Roberto, m.70).

3 - Inglaterra: Beadle; Livramento, Quansah, Cresswell, Hinshelwood; Morton, Scott (Anderson, m.52), Elliot (Norton-Cuffy, m.71); Stansfield (Nwaneri, m.81), McAtee (Hackney, m.71) y Hutchinson (Rowe, m.52).

Goles: 0-1, m.10: McAtee. 0-2, m.15: Harvey Elliot. 1-2, m.39: Javi Guerra, de penalti. 1-3, m.94: Elliot Anderson, de penalti.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade