Cargando resultados...
Inglaterra supera a Australia e xogará ante España a final do Mundial
As inglesas gañaron con claridade por 3-1

G24.gal
16/08/2023 14:31
Última actualización 16/08/2023 14:39
Inglaterra venceu este mércores a Australia (1-3), con goles dela Ann Tone (m. 36), Lauren Hemp (m.71) e Alessia Russo (m.86), e disputará este domingo ante España a final da Copa do Mundo de Australia e Nova Zelandia.
España clasificouse onte. Nun parello e tenso compromiso que se gardou o mellor para o final, os tres goles -dous para España e un para Suecia- saíron no últimos dez minutos do encontro. O resultado supón un dobre triunfo para as españolas: ademais do inédito pasaporte á final, bateron por primeira vez ao conxunto nórdico. A final disputarase o vindeiro domingo en Sidney, ante a gañadora da outra semifinal, mañá, entre Inglaterra e Australia.