Cargando resultados...
Inditex logra un beneficio récord de 1.794 millóns de euros no primeiro semestre
Inditex logra un beneficio récord de 1.794 millóns de euros no primeiro semestre
As vendas alcanzaron 14.845 millóns, un 24,5 % máis en taxa interanual
O resultado bruto de explotación creceu un 30 %, ata 4.029 millóns

G24.gal
14/09/2022 08:32
O grupo Inditex obtivo un beneficio neto récord no primeiro semestre fiscal (febreiro a xullo) de 1.794 millóns de euros, un 41 % máis que no mesmo período de 2021, segundo comunicou á Comisión Nacional do Mercado de Valores.
As vendas alcanzaron 14.845 millóns, un 24,5 % máis en taxa interanual, que a tipo de cambio constante creceron un 25 % e foron positivas en todas as áreas xeográficas onde opera o grupo. O resultado bruto de explotación creceu un 30 %, ata 4.029 millóns en relación co período febreiro-xullo do ano pasado.