Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incidentes entre afeccionados de Xénova e Deportivo

Incidentes entre afeccionados de Xénova e Deportivo

Segundo as informacións chegadas de Italia, afeccionados xenovenses atacaron a desprazados deportivistas

As primeiras investigacións falan de certos símbolos exhibidos sen autorización dos ultras do Xénova

@Genova24IT @Genova24IT
G24.gal 08/08/2026 17:45

Producíronse incidentes na previa do amigable que van disputar o Xénova e o Deportivo. Segundo as primeiras informacións, o que ocorreu foi que os ultras locais foron a polos afeccionados do Deportivo pola exhibición de simboloxía e bandeiras non autorizadas. Os desprazados serían membros dos Riazor Blues.

Os ultras do equipo 'Rossoblu' chegaron en masa, disfrazados e armados con paus, perseguindo dende a Via San Bernardo ata a zona de San Giorgio buscando a deportivistas, que se atopaban nos bares da Piaza della Erbe.

No camiño, producíronse lanzamentos de petardos e bombas de fume, ademais dunha estampida de xente polas rúas típicas do ocio nocturno xenovés.

O Deportivo pronunciouse sobre a situación nun comunicado. Nel condena calquera acto de violencia, intimidación ou alteración da orde pública ocorrido e di que "este tipo de comportamentos non representan os valores do RC Deportivo nin do deportivismo".

Tamén explican no comunicado que colaborarán coas autoridades e organismos pertinentes, ademais de que adoptarán medidas se se confirma a participación de persoas vinculadas á contorna do club.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade