Incerteza co futuro de Fran Beltrán no Celta
A temporada pasada xogou 34 partidos de 38 e marcou 2 goles, e este ano só foi titular contra o Xetafe e xogou uns minutos contra o Mallorca
Chegou ao Celta con 19 anos. Desde entón, Fran Beltrán foi o mediocentro co que contaron os oito adestradores que coñeceu en Vigo: sumou minutos, veteranía, asumiu de maneira natural a identidade celeste e mesmo gañou o brazalete de capitán.
Hai un ano o club incluíu o madrileño entre as súas lendas ao celebrar os seus 200 partidos en Primeira, agora xa só superado por Iago Aspas, Hugo Mallo e Mostovoi. Pero este ano está a ter un rol secundario. O seu contrato acaba en xuño e no último parte de Garcés non se albisca progreso nas negociacións.
A progresión de Hugo Sotelo e a presenza de Ilaix Moriba están relegando a Fran Beltrán: a temporada pasada xogou 34 partidos de 38 e marcou 2 goles. Este ano só foi titular contra o Xetafe e xogou uns minutos contra o Mallorca. En xaneiro podería negociar con outro club e o Celta estaría máis cerca de despedirse dunha das súas lendas.