Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arden dúas casas en Vilanova dos Infantes, no concello de Celanova

Arden dúas casas en Vilanova dos Infantes, no concello de Celanova

Non se produciron danos persoais, pero os materiais son cuantiosos

G24.gal 19/12/2021 20:54

Varias persoas alertaron os servizos de emerxencia de que saía fume dunha vivenda, na zona antiga de Vilanova dos Infantes, preto da torre de orixe medieval, no concello ourensán de Celanova. 

Axiña chegaron os bombeiros e Protección Civil, que traballaron arreo para sufocar as lapas. Con todo, non puideron evitar que o lume afectase tamén unha casa lindeira. 

A Garda Civil investiga as causas do incendio. Por sorte, non se produciron danos persoais, pero os materiais son cuantiosos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade