Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activo un incendio forestal en Guntín que queimou 20 hectáreas

Activo un incendio forestal en Guntín que queimou 20 hectáreas

Á zona desprazáronse un técnico, oito axentes, dez brigadas, seis motobombas, dúas pas, cinco helicópteros e tres avións

Adrián Irago / Europa Press
G24.gal 07/07/2026 22:42

 Un incendio forestal declarado ás 16:17 horas deste martes no lugar de Sirvián, en Guntín (Lugo), queimou 20 hectáreas, segundo o balance provisional facilitado pola Consellería do Medio Rural.

Á zona desprazáronse un técnico, oito axentes, dez brigadas, seis motobombas, dúas pas, cinco helicópteros e tres avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún incendio forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar