Publicador de contidos

Publicador de contidos

O festival Viladomar segue sumando novos murais en Rianxo

O festival Viladomar segue sumando novos murais en Rianxo

Nesta sétima edición, firmarán tres obras os artistas visuais Lula Goce, Alejandro Mosquera e Agustina Shaun 

G24.gal 07/07/2026 21:16 Última actualización 07/07/2026 21:31

Viladomar é arte pública para a vila. É un festival arredor do muralismo.

"É visibilizar un movemento que se leva creando arredor disto dende hai 20 anos aquí en Galicia", conta un dos organizadores, Nove Noel

No caso de Rianxo levan dende 2018.

"Ao principio sempre hai reticencias porque a xente non entende ou ve un gasto excesivo, pero logo pasa o tempo e ves a relación cos veciños, como cambia unha contorna"

E axuda moito nesa percepción ver os artistas en acción. A galega de gran proxección internacional Lula Goce é unha das firmas deste ano.

"Este mural vai desas mulleres do mar que están tantas veces `pola sombra e son tan importantes nesa estrutura galega", explica a artista a pé de obra

Outra das firmas desta edición é a arxentina residente en Galicia Agustina Shuan.

"Co feísmo temos unha cantidade de medianeiras enormes que necesitan outra relectura, e isto é relctura dos espazos e achegar a arte á xente", sinala Lula Goce

O coruñés Alejandro Mosquera, terceiro nome para o terceiro novo mural de Rianxo.

"Os murais que están na vila forma xa parte da identidade do lugar", resume Nove Noel

Logo de sete edicións, a vila segue sumando murais, segue pintando a rúa, segue ampliando a mirada.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade